Aprende Banda Deseñada Con Fiz

Autor:
ww,aa Castelao
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788491214939
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
98
Formato
Cartoné
13,50€

Fiz é o neno máis porco do mundo. Gústalle todo o escatolóxico, como falar coas cacas ou facer cadros abstractos con mocos. De maior quería ser parado de profesión, pero acaba de descubrir que hai un emprego moito máis divertido: Fiz quere ser debuxante de banda deseñada! Así non pasará fame, din que os artistas viven do aire! Neste libro, o popular personaxe de Kiko da Silva ensínanos como se crea un cómic. Paso a paso, mediante historietas e exercicios, iranos explicando que é e como podemos crear a nosa propia banda deseñada. Será Fiz quen de deixar de facer debuxos de cacas e converterse nun verdadeiro debuxante de cómics? Aprenderá a debuxar cacas hiperrealistas? Prepara os lapis e ven pasalo en grande xunto a Fiz neste curso de cómic. "Sinopsis" puede pertenecer a otra edición de este libro.