Historia Do Futbol Feminino En Galicia, De Irene G

Autor:
HECTOR PENA
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788411761321
Idioma
Publicado
2023
Nº de páginas
212
Formato
Rústica
17,50€

A publicidade dunha marca de brandy insistía hai varias décadas en que o fútbol era “cousa de homes”. Mentira! A relación da muller co deporte rei comeza milenios antes da súa estandarización por parte dos ingleses en 1863, resistindo heroicamente desde aquela a todos os intentos de afastalas da súa práctica. En Historia do fútbol feminino en Galicia repásase todo ese traxecto de resiliencia e sororidade, con especial énfase na súa historia en Galicia, desde os tempos da pioneira, Irene González, ata a actualidade, en que a xeración de ouro das Vero Boquete, Mari Paz Vilas e compañía comeza a deixar paso a unha nova fornada de talentos, narrado cun estilo ameno, pero rigoroso, que se combina con entrevistas ás protagonistas e outras colaboracións de primeiro nivel.