Plug & Play Antoloxía Galega De Ciencia Ficción Erótica

Editorial:
Contos Estraños Editora
ISBN
9788494297175
Idioma
Publicado
2015
Nº de páginas
167
Formato
Rústica
15,00€

A ciencia ficción é o campo máis fértil da literatura para a experimentación. Non foron poucos os biólogos, astrofísicos, enxeñeiros ou sociólogos os que empregaron o xénero para pór á proba ou divulgar as súas teorías. E, como non, o sexual e o erótico non podían ficar fóra, dado que o límite das posibilidades (máis ou menos perversas) que nos ofrece a ficción anticipativa é a nosa propia imaxinación. Neste volume xuntamos algunhas das grandes figuras da literatura galega, xunto con outras novas promesas do fantástico, para conformar a «Primeira antoloxía galega de ciencia ficción erótica», seguindo o ronsel que no seu momento comezaron Samuel R. Delany, Philip José Farmer, Robert Silverberg ou Thomas N. Scortia entre moitos outros. Atréveste a conectarte a xogar?