Transhumanismo

Autor:
BRAIS ARRIBAS
Editorial:
Fundación Euseino?
ISBN
9788412158052
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
120
Formato
Rústica
12,00€

Dun tempo a esta parte é habitual escoitar cada vez máis voces que reclaman a necesidade de que, dende a filosofía e a ética, se lle preste unha atención maior á corrente cultural e filosófica que se amosa a favor da modificación da especie humana de maneira que poida ser optimizada nas calidades que xa dispón e, incluso, con outras distintas ao facer uso dos coñecementos e das tecnoloxías: o transhumanismo. Neste ensaio de Brais Arribas analízase esa corrente cultural e filosófica, un movemento que, malia contar con precursores na primeira metade do século XX, xorde con forza nas súas últimas décadas, dispondo hoxe dun amplo elenco de figuras no pensamento, na ciencia e na filosofía, que difunden con rigor e eficacia a súa doutrina. Como outros pro­blemas aos que se dedica a actividade científica, non se pode resolver apelando unicamente á libre decisión desa comunidade na medida en que a suposta modificación da nosa especie traerá consigo repercusións decisivas non só no estritamente biolóxico. O debate arredor da natureza humana non é o único que se abre coa eclosión das ideas transhumanistas. Existen outras disputas que reforzan o seu antagonismo coas posicións bioconservadoras. Nese contexto de reno­vada confianza nas posibilidades transformativas e optimizadoras das ciencias aplicadas é no que nos sitúa Brais Arribas neste libro que sitúa a quen le na tesitura de adoptar unha posición.