100 Anos Do Himno Galego

Autor:
Neira Vilas
Editorial:
Edicións Embora
ISBN
9788492644421
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
144
Formato
Cartoné
22,00€

O 20 de decembro de 1907 naceu na Habana o Himno Galego, por iniciativa do emigrante ferrolán Xosé Fontenla Leal, home lúcido e apaixonado que amaba a súa patria de orixe. Teimaba Fontenla na creación dunha canción patria que identificase a Galicia. Os símbolos nacionais son moi respectados en América Latina. O mozo emigrante vivía nun país que acababa de obter a independencia e procuraba a propia identidade. El cavilaba na súa terra, da que o transplantaran en plena infancia. De primeiras pensou en Curros e Chané, un gran poeta e un gran músico, que daquela andaban enfadados, así que –home ben informado, tratándose de Galicia– pediulle a Eduardo Pondal e Pascual Veiga o poema e a composición musical que presentaran en 1890 a un concurso do Recreo de Artesanos da Coruña.