15 M. Decimo Aniversario. 2011-2021

Autor:
Xabier Vila-Coia
Editorial:
Vila Fernández, Xabier
ISBN
9788494806285
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
211
Formato
Rústica
25,00€

a presente obra do autor galego conclúe a súa triloxía sobre as expresións ideolóxicas e artísticas nas paredes, beirarrúas, farois, papeleiras e outros soportes das rúas da capital e dunha das súas institucións máis prestixiosas: a Universidade Complutense de Madrid. En conxunto, estes tres traballos poñen de manifesto as preocupacións, as inquietudes, as reflexións e a creatividade da xente común, sobre todo dos mozos, así como os conflitos que aínda perviven na sociedade española e confróntana. O domingo 15 de maio de 2011 celebráronse en toda España manifestacións reivindicativas nas que, por riba de todo, protestouse contra os recortes sociais e en educación, pero tamén contra a corrupción política e o bipartidismo do Partido Popular e do Partido Socialista Obreiro Español. Na cidade de Madrid unha parte dos manifestantes acamparon na Porta do Sol, de onde foron desaloxados pola Policía Nacional na madrugada do luns 16. O martes 17 levouse a cabo outra concentración na mesma praza e algúns dos asistentes volveron acampar nela. Nos días sucesivos uníronse novos integrantes a esta acampada, a máis relevante de todo o Estado. Estes acontecementos deron lugar ao nacemento dun movemento social especialmente dinámico coñecido como «Movemento 15 M», o cal, á súa vez, foi a orixe do partido político «Podemos».