A Boca Chea De Terra

Autor:
Branimir Scepanovic
Editorial:
Rinoceronte Editora
ISBN
9788492866380
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
74
Formato
Rústica
14,00€

Un home ao que se lle diagnosticou unha enfermidade terminal decide tomar un tren cara ao seu Montenegro natal coa intención de pasar alí os seus últimos días. Porén, a medio camiño aproveita unha parada para baixar do tren e penetrar no bosque co desexo de atopar alí a morte. O seu encontro con dous cazadores porá en marcha unha concorrida persecución na que se dirimirá se conta ou non co dereito a elixir libremente a forma en que desexa acabar coa súa vida. Narrado dende o punto de vista do perseguido e dende o dos perseguidores, A boca chea de terra constitúe un relato kafkiano, no cal unha situación aparentemente absurda é levada ata o límite. Cunha linguaxe alucinada e vertixinosa, Šc'epanovic' crea nestas páxinas unha metáfora sobre o sentido da vida e o enfrontamento entre o individual e o colectivo arredor do momento íntimo da morte.