A Casa De Mango Street

Autor:
Sandra Cisneros
Editorial:
Sushi Books
ISBN
9788415920335
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
34
Formato
Rústica
14,00€

A casa de Mango Street é una historia colectiva e metafórica formada por 44 contiños conectados entre si polo punto de vista da súa narradora e protagonista, unha nena que vive nun humilde barrio hispano de Chicago. Esperanza esperta á adolescencia sentindo que non pertence, ou non quere pertencer, ao mundo que a arrodea, e soña con poder ser a dona da súa vida e do seu futuro. A través dun estilo fugaz e directo, definido pola autora como ?antipoético?, A casa de Mango Street, describe con breves pinceladas a situación socioeconómica da muller chicana nos Estados Unidos. Considerada xa un clásico da novela de aprendizaxe, expón temas coma a inmigración, a pobreza, o machismo, ou a desigualdade entre os sexos cun lirismo e unha proximidade que fan imposible que o lector non se sinta identificado cunha obra que descobre ata que punto os nosos medos e os nosos desexos son universais.