A Ledicia De Ler, 1975-1992

Autor:
Carlos Casares
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491510970
Idioma
Gallego
Publicado
2017
Formato
Rústica
30,00€

Esta compilación de máis de catrocentos artigos permite reconstruír a memoria lectora da sociedade galega a través dos máis de vinte anos, de 1975 a 1992, en que Carlos Casares quixo compartir cos lectores e lectoras do xornal La Voz de Galicia a ledicia de ler. Con este título convidou a unha sociedade galega que saía de corenta anos de ditadura a abrir as fiestras á luz da intelixencia. Segundo escribiu o autor de O sol do verán, a súa intención era “fomentar a lectura do libro galego e fundar unha crítica literaria sostida e regular”. Velaquí unha achega imprecindible non só para completar a obra xornalística do escritor senón tamén para coñecer e comprender en profundidade a súa concepción da literatura.