Alba De Gloria

Autor:
Alfonso R. Castelao
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491512424
Idioma
Publicado
2018
Nº de páginas
52
Formato
Rústica
10,00€

"É moito mellor evocar algo irreal, algo puramente imaxinario, algo que co seu simbolismo nos deixa ver o apsado para proveito do futuro, como unha boa experiencia" O texto de Alba de gloria que ofrecemos reproduce o do discurso pronunciado por Castelao o 25 de xullo de 1948, texto do que se coñecen diversas variantes, a primeira delas a publicada naquela altura no número 463 de A Nosa Terra. A nosa edición recupera a que se ofrece no volume IV das Obras de Castelao (ao coidado de Henrique Monteagudo, Galaxia, 2000) e que se basea tanto nas versións xa publicadas como nos mecanoscritos, ata entón inéditos, custodiados no Museo de Pontevedra. A nosa intervención limitouse a limpalo de grallas e retocar miúdos pormenores lingüísticos. Non obstante, en coherencia co criterio divulgativo seguido no nome da exposición que este texto acompaña, actualizamos a forma "groria" do título orixinal.