Cadernos De Gaita. Caderno 25 En Do

Autor:
ww,aa
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9790801244680
Idioma
Gallego
Publicado
2020
Nº de páginas
0
Formato
15,00€

Henrique Otero Covelo, o Gaiteiro do Fragoso, representa a transición definitiva do gaiteiro tradicional ao gaiteiro urbano, da pura tradición oral ao músico con formación académica. Foi o primeiro profesor en impartir gaita galega, titulación con validez oficial dende os anos setenta, no Conservatorio de Vigo e o primeiro gaiteiro-mestre cun volume cuantioso de obras compostas, preto de trescentas, e que abarcan máis de medio século (dende os anos sesenta ata o seu pasamento en 2013). Obras que tratan todas as formas populares aplicadas á gaita, coa preferencia de Muiñeiras, Xotas, Danzas e Foliadas pero, tamén, con Pasodobres, Alboradas, Baladas ou Rumbas, e concibidas para distintos formatos instrumentais (gaita solista, cuarteto tradicional, gaita e outros instrumentos, gaita e voz...).