Calendario Sobremesa 2022 Rosalía Libre É O Meu Corazón

Autor:
Animosa
Editorial:
ANIMOSA
ISBN
8435454754551
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
20
Formato
Rústica
14,95€

Almanaque de mesa inspirado na frase de Rosalía de Castro: "Libre é o meu corazón, libre a miña alma. E libre o meu pensamento que se ergue ata o ceo".

Apetéceche un ano na compaña dunha das nosas escritoras máis sobranceiras con poesía, morriña e emoción a esgalla?

Os nosos almanaques de mesa están cheos de sorpresas. Impresos a toda cor. Con dobre cara para cada mes. Con ilustracións exclusivas de Animosa. Con almanaque anual ao final para que teñas tódolos meses dunha ollada. E coa forza de frases empoderantes pronunciadas pola nosa fonte inesgotable de inspiración: as grandes mulleres da historia.

Unha homenaxe a tódalas pioneiras que derrubaron muros e abriron camiños ao longo dos séculos, e que abofé merecen visibilidade e o seu lugar nos libros de historia.