CAMIÑOS DE SANTIAGO DE EUROPA A GALICIA, LUGARES

Autor:
VARIOS (EDICION DE PATRICIA ARIAS CHACHE
Editorial:
Real Academia Galega
ISBN
9788417807191
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
211
Formato
Rústica
30,00€

Reúnense neste volume as reflexións dun grupo selecto de investigadores de diversas universidades europeas arredor dun tema central: a toponimia do Camiño de Santiago. Analízanse distintas zonas xeográficas, distintos períodos cronolóxicos, con base en material literario ou en documentacións históricas, e desde unha perspectiva lingüística, maioritariamente, pero tamén cartográfica, histórica ou paisaxística. En todos os relatorios subxace unha consciencia común da importancia da toponimia como parte do patrimonio inmaterial: o seu estudo é tamén unha forma de contribuír á súa preservación, así como á divulgación da súa significación, tanto no plano semántico como no histórico ou no sociolingüístico. En definitiva, estes traballos, que teñen como punto de partida diferentes territorios europeos, acaban demostrando que todos os camiños chegan a Santiago.