Como Ser Muller

Autor:
Caitlin Moran
Editorial:
Rinoceronte Editora Como Ser Muller
ISBN
9788492866915
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Nº de páginas
340
Formato
Rústica
20,00€

Vivimos no mellor momento da Historia para ser muller: temos dereito ao voto e á pílula, e dende 1727 xa non nos mandan á fogueira por bruxas. Porén, aínda quedan moitas preguntas por responder: para que depilar as inguas? Deberiamos usar bótox? Ódiannos os homes en segredo? E por que todo o mundo pregunta cando vas ter un fillo? Moran aborda con intelixencia, sen tabús e cun gran sentido do humor cuestións do día a día na vida das mulleres, dende o seu punto de vista como feminista e filla dunha familia numerosa e proletaria. Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí. Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2016.