Construtores. Animais Extraordinarios

Autor:
Xulio Gutiérrez/Nicolás Fernández
Editorial:
Faktoria K De Libros Faktoria K De Libros, S.A.
ISBN
9788496957794
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
40
Formato
Cartoné
17,00€

...Hai aves que constrúen niños sorprendentes pola súa intrincada arquitectura, mamíferos que escavan complexas vivendas subterráneas, insectos minúsculos que erguen edificios enormes e arañas que tecen elaboradas estruturas de caza. Todos son expertos construtores que sobreviven grazas á súa habilidade.... Un libro instrutivo, ameno, ben estruturado e de gran atractivo visual, que comeza situando o lector ante os diversos grupos de reino animal, con exemplos de cada un. Por terra, mar e aire, de norte a sur, por todos os continentes, selecciona unha serie de animais e ofrece un volume de información ben dosificada sobre as súas características, localización e costumes, centrándose na súa forma de acomodarse no habitat, isto é, de construir o seu fogar.