Dicionario Xerais Francés-Galego / Galego-Francés

Autor:
Luís Castro Macía/Remedios Rodríguez Sánchez
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788497829595
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
944
Formato
Rústica
33,95€

Sinopse Este Dicionario Francés-Galego / Galego-Francés, preparado por Luís Castro Macía e Remedios Rodríguez Sánchez, constitúe un vocabulario de correspondencias entre 25.000 entradas do léxico estándar de ambas as dúas linguas. En cada unha das entradas sinálase, ademais, a súa transcrición fonética, a súa categorización gramatical, a fraseoloxía de uso máis habitual, así como, cando fose necesario, a precisión da súa tradución. Este dicionario, o primeiro publicado de correspondencias entre o galego e o francés, está completamente actualizado á normativa ortográfica aprobada pola Real Academia Galega de 2003, completándose con senllos apéndices gramaticais, onde se recollen as conxugacións verbais francesa e galega, así como senllos prontuarios gramaticais de cada unha das linguas. A presentación en encadernación flexible facilita o seu uso aos estudantes de educación secundaria, sendo tamén imprescindible para todas aquelas persoas que traballan de xeito cotiá en lingua galega e francesa