Escarlatina, A Cociñeira Defunta
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus paisun curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Díade Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu unmegasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unhacociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur,un arrepiante arañón con acento francés.
A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodotoviaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes deAmanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros.
Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeirasdo mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados destahistoria de humor macabro que estimula o apetito do lector e acuriosidade polo mundo da cociña.