FERROLANS

Autor:
GUILLERMO LLORCA FREIRE
Editorial:
Edicións Embora
ISBN
9788416456871
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Nº de páginas
488
Formato
Rústica
25,00€

Guillermo Llorca publicaba no ano 1996 nesta mesma editora unha escolma biográfica de cen Ferroláns. O libro tivo moi boa acollida entre os lectores, ata o punto de que xa leva moito tempo esgotado. Neste 2018, para conmemorar o 25 aniversario da editorial, aparece esta segunda edición, con trescentos dezasete Ferroláns. Son un amplo abano de mulleres e homes xa desaparecidos, que destacaron nalgún campo da creación artística, da política, da empresa, do sindicalismo, da milicia, da aviación, da ciencia, da medicina, da xurisprudencia, do ensino, do cine, da música, do xornalismo, do deporte, e doutras facianas da vida. Convidamos ao lector a mergullarse neste libro co desexo de que o conforte coas xentes de ben que asoman polas súas páxinas, orgullo da nosa cidade.