Figuras Masculinas De Meio-Corpo

Autor:
Antom Fortes ANTOM FORTES TORRES
Editorial:
Chan Da Polvora
ISBN
9788412101874
Idioma
Publicado
2020
Nº de páginas
51
Formato
Rústica
16,00€

Figuras masculinas de meio-corpo xurde, segundo indica o propio Antón Fortes, porque precisaba rescatar a súa vida afectiva, “que se estaba diluíndo”. Pero tamén porque quería plasmar a súa chegada a Compostela, onde traballou de profesor no curso 1984-85. Foi, subliña, unha experiencia que tivo “as súas luces e as súas sombras”, algo que dalgunha maneira se reflicte no poemario. Sobre o feito de que tardase dez anos en publicalo, Fortes asegura non era doado publicar na norma reintegracionista, norma na que o libro está escrito. “Ademais”, engade, “estaba alonxado dos círculos poéticos. Marisa Núñez e Xosé María Álvarez Cáccamo foron a ponte sen a que non sairía publicado”. O seu seguinte título é Sexto fetiche, do 2001, nunha edición de autor, onde recupera as atmosferas de Figuras masculinas pero desde novas perspectivas formais. Entre as influencias que salienta o autor, figuran Luis Cernuda, Kavafis, os portugueses Eugénio de Andrade e António Botto, Gil-Albert e Gil de Biedma, Villena ou Rimbaud. Respecto da súa longa traxectoria na política, Fortes considera que foi ese compromiso de intervención pública o que o afastou da escrita. De feito, subliña, “os anos de máis produción coincidiron cos que non era concelleiro”.