Guia Dos Liques De Galicia

Editorial:
Baía Edicións
ISBN
9788496128491
Idioma
Gallego
Nº de páginas
31
Formato
Rústica
15,00€

Sinopse Presentamos a primeira Guía xeral de liques do Estado. O texto inclúe unha primeira parte, na que se tratan aspectos xerais e vai acompañado de numerosas fotografías e debuxos que facilitarán o uso das chaves e a comprensión das descricións aos non iniciados. Este aspecto de aproximar os liques a calquera persoa sen coñecementos especiais é o que dá un valor especial a este, que esperamos desperte novas afeccións e novas vocacións para a liquenoloxía. A seguir, coa súa completa chave, chéganse a determinar 84 xéneros e 317 especies, as máis representativas do noso país. Para cada especie faise unha detallada descrición, indicando os caracteres máis representativos, complementada cunha fotografía a cor. A seguir indícase a ecoloxía de cada taxón, sempre referida ao territorio galego, é dicir, onde medra e/ou onde se pode atopar. Para moitas especies engádese un apartado de observacións onde pretendemos destacar as diferenzas con outras especies próximas ou de fácil confusión. Todo isto compleméntase cun glosario que podemos utilizar cando atopemos un termo que non coñezamos ou non recordemos. Os autores tiveron o tino de incluír tamén os liques en costra para cuxa identificación son imprescindibles os caracteres microscópicos. Isto fai que este libro sexa útil tamén no ensino universitario e para os propios liquenólogos