Horizonte De Sucesos

Autor:
Anxo Fariña
Editorial:
Calendario Xerais 2014
ISBN
9788491210153
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Formato
Rústica
15,00€

Tiña dezaoito anos e estaba a piques de comezar o primeiro curso na facultade de Belas Artes cando entrou como bolseiro educador na Escola Fogar do centro de acollida de menores Cidade Infantil Afonso X. Naquel ambiente de aire decadente e escuro, envelenado polo cheiro da fábrica monstruosa, ocorreu o incidente do que aparentemente non houbo testemuñas. Deixándose levar polas dores da “migraña”, o educador rememora o horizonte daquel suceso tráxico que lle deixará marcas perturbadoras capaces de variar o seu rumbo.