María Fumaça

Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788498654493
Idioma
Nº de páginas
24
Formato
Cartoné
22,00€

MARÍA FUMAÇA Uxía, Magín Blanco, Isaac Palacín, Carlos Blanco, Tanxarina Teatro… e un mollo de artistas únense para botar a andar a locomotora musical máis divertida, atolada e sensible que nunca se viu. Esta semana comeza a xeira de presentacións de María Fumaça, un proxecto literario e audiovisual, constituído por un libro máis un cd e un dvd que gravita arredor da festa e da felicidade, pero tamén arredor de Ruí, un cativo que a pesar das súas dificultades pode gozar da música, cantar e bailar. Por iso, os temas musicais insisten na festa e fan bo o lema que preside todo o traballo: ‘Cantar e bailar para ser máis feliz’. Ademais dos temas de música, nos que participa o máis importante da música galega, o dvd incorpora un mollo grande de clips, algúns deles con pictogramas, para que tamén quen necesita deste tipo de lectura poida gozala. Estamos diante dun dos libro-discos máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos. Por moitos motivos. Por exemplo e como sinalabamos, pola nómina enorme de xentes da música galega que se uniron para cantar máis de vinte temas (cos seus correspondentes vídeos e karaoke) para celebrar a alegría de vivir. Mais tamén porque é unha defensa da vida fronte a discapacidade, que pode estar nos corpos pero nunca nas almas que queren gozar. O proxecto María Fumaça gravita arredor de Ruí, un cativo moi especial para quen os seus amigos músicos quixeron crear este libro-disco-dvd cheo de propostas pegadizas e tonadas marabillosas. O traballo de ilustración, a edición dos videoclips, as letras… todo está pensado para que se cumpra o lema co que abrimos María Fumaça: cantar e bailar para ser máis feliz.