Materia De Lucrecio

Autor:
Xabier Paz
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788497824743
Idioma
Gallego
Nº de páginas
96
Formato
Rústica
14,60€

Sinopse Materia de Lucrecio de Xabier Paz é un poemario concibido na tradición de pensamento liberador e cívico, amecendo a visión filosófica e científica coa poética: un libro que constitúe unha reflexión sobre a orixe e o devir do Cosmos, sobre a existencia e o coñecemento humanos neste desolado pórtico do século XXI. A emoción e a estrañeza do vivir ven suxeita pola rédea do coñecemento científico que se expón non exento de ironía. O desconcerto da conciencia, limitada, dexergando o Universo ilimitado e a vertixe da visión cosmolóxica na súa inmensidade, procuran acougo no acicate do coñecemento obxectivo e poético da materia, do seu devir. O ser humano, tenta recoñecerse na parte non arredada do Universo apalpando as súas leis. O coñecemento poético do posible como guieiro: poesía da materia. Poesía non como asombro polo íntimo, senón como indagación no que de común temos na nosa individualidade, a busca dunha estética antropolóxica. Poesía da experiencia, pero non da experiencia persoal e individual senón da experiencia comunitaria que nos outorga o herdo comunal do coñecemento científico