Non-Maternidade

Autor:
Patricia Meira
Editorial:
Editora Urutau
ISBN
9788571050907
Idioma
Gallego
Publicado
2019
Nº de páginas
54
Formato
Rústica
12,00€

Vai frío aquí. Nada do que eu poida advertir evitará que as súas palabras te manquen. Entre as mulleres que es capaz de nomear, nestas páxinas habita a metade. Elas coñecen o espolio do corpo. A consistencia do baleiro. A asepsia que se instala na febra, baixo o embigo. Patricia Meira escritura a perda, sostendo a navalla, calibra o peso e o tacto antes de tallar o poema. Non importa que saiamos feridos, non lle importa que escintile o sangue, o ferro no padal. Entregámonos, porque o seu alento, este canto á morte, nos mantén con vida. A vida, escrita en miniatura, transita, feroz, os poemas.