O Cuarto Das Abellas

Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788491211280
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
79
Formato
Rústica
12,70€

Este libro nace da tensión entre o doméstico e o salvaxe. O tempo detense na formalina dos recordos e fai ecoar, nas celas da memoria, o misticismo indomábel de Emily Dickinson: «A morte –escribiu ela nunha carta– é inofensiva, coma unha abella, agás para aquelas que corren.» " O cuarto das abellas " é unha abellariza de palabras, unha estrutura pechada e inquietante na que Antía Otero esmelga o froito dunha poesía que é, no entanto, agre, sen almibres. Porque amarga é a verdade, o amor e todo aquilo que aquí doe pola súa certeza. A autora, entre un enxame de obreiras, adéntrase cautelosa na linguaxe e comparte connosco o seu fermoso acto de risco, o perigo-mel duns versos que, coma o veleno das abellas, proen e sandan á vez. Fran P. Lorenzo