O Principiño de Antoine de Saint Exupéry permite á recoñecida e multipremiada parella Pinto & Chinto achegar aos máis pequenos (e aos seus maiores) este título clásico dende unha visión amena, chispeante e divertida. Un xeito perfecto de atraer posteriores lecturas ao orixinal.
Este título consolida a nosa colección Carambola, na que recollemos a orixinal interpretación que os nosos autores fan das obras clásicos da Literatura Universal. Unha revisión desenfadada, respectuosa e pensada para facer visible a todos a gran literatura, o patrimonio literario sobre o que se cimentan os grandes lectores e, por que, non os grandes autores do futuro.