O Gran Poema (Sentulo)

Autor:
TINO DE FELIZ
Editorial:
Chan Da Polvora
ISBN
9788412473193
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
211
Formato
Rústica
12,00€

Poucos libros hai tan asombrosos na literatura galega recente como O gran poema de Tino de Féliz, nome comunal co que foi coñecido Constantino Bértolo durante súa infancia e adolescenciacia en Navia de Suarna, a vila onde neceu en 1946. Décadas despois de abandonar Galicia e de desenvolver unha longa traxectoria como crítico e editor de audacia esculcadora, Bértolo volve a mirada cara ao pasado e reencóntrase cunha paisaxe eterna (a da súa terra natal) e cunha experiencia de amor perdida, a dun idioma do que foi arrincado. A primeira impresión que xurde ao abrir O gran poema de Tino de Féliz é que estamos ante un libro concibido como un monte ou como un río. Un libro que sae das tripas da terra para romper a pedra e abrir o aire. Ao abeiro de Tino de Féliz está Constantino Bértolo, o home que nas décadas mediadas entre o seu alcume infantil e este asombroso libro se converteu nun dos críticos e editores con máis prestixio de Europa. No ano 2011, Constantino Bértolo asomouse uns minutos ao outro lado da morte e cando regresou tiña o corpo ateigado de saudades e nostalxias. Volveu a mirada cara ás súas orixes e reencontrouse con Tino de Féliz, o rapaz que el fora, e co galego engastado á lingua. Aí comeza a escribir O gran poema. A tectónica básica foi a terra movéndose baixo os seus pés e a sensación de amor extraviado, de formar ou querer formar parte do destino que o río Navia metaforiza como río que nos leva e río que nos trae. A necesidade de crear e salvar ese mundo e o tempo perdido. De volver ao ser, ese río Ser que aflúe ao Navia e o fai medrar. Habería que falar por tanto –asegura o autor– de tectónica e de canle, de erosión e de permanencia. El, como lector que contempla con reserva os versos do diálogo coas intimidades, sempre arelaba a poesía “escrita” en voz alta e, de súpeto, o corpo, a voz e a presenza da morte fixérono sentir claramente que o son desa voz alta só era posible en galego. O gran poema pode lerse como respiración dun resucitado ou como un epitafio, “a única forma aceptable de autoficción”, ao seu xuízo. Estamos ante un libro portentoso, ante un acto de vontade política, de toma de partido, de recuperación do idioma como cerna comunal. Un gran poema como regreso e como inocencia, como forma laica do crer.