O Libro Da Perda E O Esquecemento

Autor:
MARISHA RASI-KOSKINEN
Editorial:
Esplanadi Rinoceronte
ISBN
9788412037081
Idioma
Gallego
Publicado
2020
Nº de páginas
228
Formato
Rústica
18,00€

As historias dos protagonistas, Julia e Jan, semellan discorrer de xeito independente. Ela emprende unha fuxida en coche cos seus pais, el é enviado a un campamento de supervivencia en Laponia. Porén, as súas vidas están unidas a través das lembranzas dunha casa de madeira, dun caderno cheo de palabras, números e debuxos, dos fíos invisíbeis da perda e o esquecemento. Rasi-Koskinen combina os diferentes planos temporais, a narrativa realista, fantástica, filosófica e o libre fluír da conciencia nunha obra complexa, fermosa e de gran poder imaxinativo.