O MEU PIOLLO E MAIS EU trátase dun Álbum, obra literaria onde a imaxe e a palabra escrita únense para dar forma ao texto definitivo, á proposta artística dos seus autores. Álbum, sinónimo de lectura pausada, detallada, ideal para ser compartida entre neno e adulto. E daquilo que se comparte, adoita nacer a afección. Terminamos como se adoita terminar: polo final. Pero non vos esperedes do MEU PIOLLO E MAIS EU unha conclusión predicible, senón máis ben un final cómplice, capaz de regalar ao lector un sorriso a pesar do tráxico de…. Non daremos máis pistas. Estas son as intencións que guiaron o labor dos autores, e esta é a expectativa que, de corazón, desexamos cúmprase nos nosos lectores: que gocedes deste libro e oxalá, de cando en vez, regresedes a el, e volvades sentir os proídos e as “molestias” causadas polo noso piollo.