O segredo das burgas

Autor:
Andrés Pombo Graña
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9785691512414
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Nº de páginas
156
Formato
Rústica
12,20€

Esta é unha novela sorprendente que mergulla a quen a teña nas mans nas profundidades dun Ourense descoñecido.

Porque o que ninguén sabía é que baixo das pedras da cidade se oculta un mundo de demos vingativos, un Averno espantoso que agocha segredos incribles polos que moitos poderían chegar a matar. Esta é unha novela de bruxería e corrupción, de demos que aprenden a ser mellores e de homes que poñen a súa vida ao servizo de causas satánicas.

Andrés Pombo Graña debuta na narrativa galega cunha novela de enorme madureza que vai enguedellarnos dende os primeiros capítulos para non soltarnos. Malia o terror que ás veces se agocha entre as súas páxinas. Malia a escuridade toda. Unha novela luminosa.