O Tradutor De Sombras

Autor:
Moncha Fuentes
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788411101356
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
174
Formato
Rústica
17,50€

Tentando resolver o seu problema co alcohol, o profesor e tradutor Roque Corbal loita cos propios fantasmas nun tránsito que comeza en Ourense durante o estourido da guerra civil e finaliza con algúns acontecementos sociais en Vigo, pouco tempo antes da chegada da pandemia. Ao longo da novela coñeceremos a traxedia persoal do avó Néstor; vibraremos coa historia de amor e morte da nai, Camila Ferro; saberemos, polo seu pai, Arcadio Corbal, do desenvolvemento da psiquiatría galega da década dos sesenta e principios dos setenta; presenciaremos a face máis desgarradora da doenza mental a través das voces conmovedoras de Inés Lostre e de Simón Cibeira. «O tradutor de sombras», de Moncha Fuentes, é unha novela polifónica na que voces moi potentes e diferentes acaban harmonizadas no conxunto final da obra.