Obra Grafica Vicente Risco

Autor:
Vicente Risco
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788482889092
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
326
Formato
Rústica
23,95€

Sinopse A recente publicacion da Obra gráfica de Vicente Risco está a ser excelentemente acollida. Por primeira vez chega aos lectores esta dimensión do autor de O porco de pé. Carlos Lema é o responsable da edición. Carlos L. Bernárdez e David Cortón aportan documentados ensaios que enmarcan e contextualizan a obra. Inclúese, asemade, un traballo do propio Vicente Risco, datado en 1917-1918 e publicado por entregas na revista La Centuria, onde o autor reflexiona sobre o que el denomina "a estética futura". Por primeira vez recóllese nun volume a Obra Gráfica, debuxos e deseños, de quen foi unha das personalidades máis sobranceiras da Xeración Nós, director da revista de tal nome entre 1920-1936, e un dos dinamizadores máis activos do cultura galega durante ese período. Carlos Lema, contando coa colaboración da Fundación Vicente Risco, escolmou e ordenou case 250 deseños, uns en branco e negro, outros a cor, que o autor de O porco de pé foi realizando ao longo de distintas etapas da súa vida e con diversa curiosidade: dende as viaxes por Europa ás viaxes etnográficas ou arqueolóxicas por Galicia, dende tipos humanos e retratos a estampas de humor ou de costumes, pasando por recreacións medievais, arquitectura popular, inscricións paleográficas, planos, esquemas, paisaxes, apuntamentos, reproducións de cadros ou formas da avangarda contemporánea, motivos orientais, etc. A curiosidade de Vicente Risco, que se espella nestas ilustracións, é amplísima. O libro ordénase en nove capítulos temáticos: A atracción do Oriente, O mundo medieval, Occidente e a vangarda, Unha viaxe por Mitteleuropa, O mundo de nós, Tipos e retratos, Maxia e Relixión, e A escritura como símbolo