Olga Castro Vázquez/María Reimóndez

Imagen de En Vías De Extinción

En Vías De Extinción

Sinopse Gaia é a protagonista de En vías de extinción. Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte como berce persoal e que resisten a domesticación en todas as súas formas. Como un animal solitario, Gaia percorre os lugares interpretándose (...)
Imagen de Dende O Conflito

Dende O Conflito

Sinopse Saínza Combarro, unha xornalista galega que cobre conflitos bélicos para a BBC, vive en carne propia o dilema de optar polo cinismo e a resignación á hora de relatar o que ve cos seus propios ollos ou optar por defender a verdade íntima de quen é testemuña dos feitos máis arrepiantes. A (...)
Imagen de Corredora

Corredora

Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo panos (...)
Imagen de As Cousas Que Non Queremos Oir

As Cousas Que Non Queremos Oir

Sinopse A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da Vilalba dos seus pais á Barcelona da súa infancia, o peso da orixe abre nela fendas que non sabe como xestionar. A proxección (...)
Imagen de As Estacións Do Lobo

As Estacións Do Lobo

Esta é una novela do Ciclo dos elementos, de María Reimóndez, que explora os límites do amor, do arraigamento e da nosa capacidade para crear mandas que nos protexan no día a día dos afectos. É inverno, a neve cae sobre Múnic e Clara atópase perdida. Sen comprender moi ben como, errou o camiño (...)
Imagen de A Semente, A Árbore Froita

A Semente, A Árbore Froita

Coversas entre a escritora María Reimóndez e Ana Pontón, portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego. É difícil que haxa alguén que non escoitase falar nos últimos tempos do "efecto Pontón". En boa medida, o efecto explícase pola chegada ao liderado do BNG dunha muller nova, con moitos (...)
Imagen de Cobiza

Cobiza

Esta apaixonante novela de ciencia ficción feminista foi merecedora do I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero organizado polo Concello de Pontevedra e Xerais. O xurado destacou «a súa altísima calidade literaria e unha nova e revolucionaria reflexión sobre a construción do sexo (...)
Imagen de Bárbaras!

Bárbaras!

Por incrible que pareza, falar da menstruación segue sendo complicado e mesmo controvertido. Un proceso corporal e cultural que afecta nalgún momento da vida a máis da metade da poboación humana non debería ser un tema fundamental de reflexión? Cun enfoque desenfadado e co obxectivo de facernos (...)
1 2 Siguiente