Ortografía Da Lingua Galega

Autor:
Begoña González Rei
Editorial:
Galinova Editorial, S.L.
ISBN
9788497370417
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
568
Formato
Rústica
20,80€

A obra de Begoña González segue impecablemente a doutrina establecida polo novo texto normativo da RAG do ano 2004, pero centrando a súa mirada nas necesidades do usuario: establecer regras prácticas para a escritura correcta da nosa lingua (o que facilita a aprendizaxe para os non versados nos imbricados problemas da gramática histórica) e, ademais, explica e fundamenta as escollas ortográficas problemáticas. Un dos aspectos que máis chaman a atención neste traballo é a súa claridade expositiva e a estruturación metódica dos contidos: pare da ortografía da letra, para posteriormente estudar a ortografía da sílaba, ortografía da palabra e máis tarde a ortografía da frase. Aínda que na obra se recolle a doutrina da RAG, en realidade a autora vai moito máis aló, e afronta cuestións non suficientemente tratadas nas ''Normas'' da nosa máxima institución lingüística, como por exemplo un tratamento polo miúdo sobre o uso das maiúsculas e minúsculas, ou sobre a grafía correcta das abreviaturas, das siglas, dos acrónimos e dos símbolos internacionais. Na confección desta obra primou por riba de todo a súa utilidade práctica. É difícil que un problema ou unha dúbida, dos que tan a miúdo se nos presentan cando escribimos, non atopen resposta cumprida neste libro, e case sempre de maneira razoada e convincente