Os Papeis Do Vello Mariñeiro

Autor:
Xosé Neira Vilas
Editorial:
Ediciones Bolanda, S.L.
ISBN
9788469737033
Idioma
Gallego
Publicado
2017
Nº de páginas
83
Formato
Cartoné
15,00€

Sinopse 
Esta obra póstuma recolle máis de 60 historias de mariños mercantes galegos que Xosé Neira Vilas recompilou e deixou inéditos, dálle voz a un navegante galego alén mar: un personaxe dunha aldea do interior de Galicia, labrego, fillo e neto de labregos, que ao morrer deixa nun pallal esquecidos moitos dos recordos da súa vida de navegante. 
Neira Vilas ofrece, a través de entretidos contos e do personaxe do vello mariñeiro, unha clarificadora visión dun mundo moi descoñecido: o dos mariñeiros que pasan longas tempadas en alta mar percorrendo lugares do máis diverso e coñecendo países, xentes e culturas ben diferentes á propia. Experiencias que conforman unha forma de ser moi particular e que o autor transcribe nestes “papeis” póstumos para que poidamos coñecer mellor o vello mariñeiro galego e as súas peripecias polo mundo adiante nun tempo non moi afastado pero ben diferente ao actual.