Poemas De Ruxido E Barruzo

Autor:
Paulino Pereiro
Editorial:
Alvarellos Editora Técnica
ISBN
9788416460113
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
42
Formato
Rústica
8,00€

Sinopse O barruzo, esa chuvia pequena e teimuda que semella desaxustar o mundo, e o ruxido como metáfora –e berro– do creador inadaptado, son os dous eixes sobre os que se constrúen estes versos de Paulino Pereiro, Poemas de ruxido e barruzo, unha obra que recibiu en 2015 o 2º premio do Certame Literario do Concello de Vilalba. “O meu barco non ten océano”, escribe o poeta. O autor atopa abeiro nunha natureza que representa aquí o equilibrio, coma o río, “sangue paralelo do meu sangue”, ou o aire da mañá “que batalla contra o ruxido”. Sobre todos eles xorde tamén o acougo na función da propia escrita. Trinta e seis poemas en verso libre que flúen musicais e poderosos estruturados coma un diario real, datado en tempo e espazo, escritos durante seis semanas dun verán no norte...