Poesia e teatro
por página

Cántigas De Alén
Sinopse
José Ángel Valente publicou o seu primeiro poemario en galego no ano 1981 baixo o título de Sete cántigas de alén (Ediciós do Castro). Tras estes versos, naceron outras composicións en galego escritas durante os anos oitenta e noventa, que foron reunidas en edicións progresivamente (...)
Temas Poesia e teatro

Ritual Para Unha Tribo Capital De Concello
Sinopse
Ritual para unha tribo capital de concello é un canto lírico-etnográfico da tribo natal de Manuel María. A intimidade, as lembranzas, a historia persoal e colectiva, as vivencias, as identificacións coa natureza, os retratos de familia, a denuncia social, as romarías, as lendas, a os (...)
Temas Poesia e teatro
_125.jpeg)
Entullo (Premio De Poesia Miguel González Garcés 2016)
O Premio González Garcés vén de descubrir unha nova voz poética. Falamos de Lorena Conde, coñecida até o momento como actriz, dramaturga, directora, escenógrafa e atrezzista. Lorena Conde, con su libro "ENTULLO", é a gañadora da XVIII edición do Gonzáles Garcés, que convoca a Deputación de A (...)
Temas Poesia e teatro

Marcha Fúnebre Para Un Monicreque
Obra gañadora do XII Premio Barriga Verde de texto para teatro de monicreques modalidade adultos (AGADIC). Co-edición con AGADIC.
Marcha fúnebre para un monicreque é un experimento revolucionario cheo de voltas, revoltas e reviravoltas que mediante a linguaxe da farsa mostra aquilo que normalmente (...)
Temas Poesia e teatro

Devalar Sen Pel
O libro de poemas do fisterrán Devalar sen pel está editado por Espiral Maior e conta cunha ilustración de Viki Rivadulla na portada.
O xurado recoñecera que Devalar sen pel «xoga coas tradicións, tensionando moi ben o texto e sabendo darlle aire nos momentos oportunos». Con este libro cúmprense (...)
Temas Poesia e teatro

Annus Horríbilis
"Annus Horríbilis", que se estreou en 1994, é unha pequena ópera portátil integramente cantada en galego. Unha picadora escénica que esmiúza os estereotipos do xénero lírico e reinventa unha fórmula de teatro musical dificilmente clasificable. As tribulacións da familia real británica son (...)
Temas Poesia e teatro

Río Bravo
Nun lugar do (nor)Oeste, á saída dalgunha revolta, atópase
Río Bravo, onde os homes son homes e as mulleres tamén.
Este musical trepidante esgota os estereotipos do «western»
e ri de todos eles. A súa banda sonora consta de cancións breves dos máis variados estilos e compleméntase cun amplo (...)
Temas Poesia e teatro

Telúrica
Sinopse
Telúrica é un berro que sae do profundo, unha forza que se revira contra nós e que participa da terra. Herdeiro da mellor tradición poética dunha comarca tan literaria como a luguesa da Terra Chá, Xosé Otero Canto penetra como “o lume nas entrañas” na terra convertida en “corpo (...)
Temas Poesia e teatro

Sonetos Preposicionais
Sinopse A poesía que todo o nomea: o amor, o desamor, a paisaxe, o tempo... Eixes sobre os que transcorre, fuxe, o noso vivir. Sentimentos recreados en trinta e cinco composicións poéticas, construídas baixo a aparente sinxeleza, musical e perfecta, do soneto. “Soneto do desacougo”, “Soneto dende (...)
Temas Poesia e teatro

Suite Artabria
Sinopse
Suite Artabria, de Manuel Lourenzo é un conxunto de tres pezas («Orzán», «O fulgor das atochas» e «Alerta na rúa do Pozo») con elementos comúns, concibidas, segundo o xurado, «como un roteiro por algúns dos espazos máis representativos da Coruña»: o Orzán, as Atochas e a Falperra. Trátase (...)
Temas Poesia e teatro

O Valo
Sinopse
No medio dun deserto, que se estende até onde alcanza a nosa vista, o Soldadiño de chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame, xusto onde no seu mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, a rosa do deserto, unha rapaza abandonada, que foxe da (...)
Temas Poesia e teatro

Seica Si
Sinopse
Seica si, un libro que rompe os lindes da poesía e que, sen dúbida, se vai converter nunha das lecturas imprescindibles da temporada en Galicia. Con este volume, Chan da Pólvora Editora e Amastra-N-Gallar inician unha serie de edicións conxuntas, aglutinadas baixo a denonimación xenérica (...)
Temas Poesia e teatro