A Sombra Sobre Innsmouth

Autor:
H.P. Lovecraft
Editorial:
Urco Editora
ISBN
9788493714208
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
195
Formato
Rústica
14,00€

Con este volume remata o primeiro ciclo da biblioteca Lovecraft, dedicado aos "Mitos de Cthulhu", aínda que a colección continuará en vindeiros títulos cos contos do ciclo do soño e as historias macabras. Presentamos aquí dúas obras da madurez do solitario de Providence. A primeira delas, o relato A cousa no limiar, centra a súa atención arredor dun protagonista atormentado cuxo corpo é posuído por un espírito maligno que desexa acabar coa realidade que coñecemos. A segunda, a novela breve A sombra fóra do tempo, versa sobre unha antiga raza extraterrestre que poboou a Terra hai millóns de anos, capaz de proxectar as súas mentes a través do espazo-tempo para así vivir eternamente e atesourar a sabedoría de todo o universo. Ambas as dúas historias son perfectos representantes das dúas liñas fundamentais dos Mitos: Por unha banda a existencia de persoas malignas no noso contorno que desexan abrir as portas da nosa realidade a entidades doutros planos dimensionais, e pola outra a constatación dun pasado do noso planeta distinto ao que tradicionalmente coñecemos pola ciencia, poboado de razas intelixentes e avanzadas procedentes doutros astros cuxa existencia pasada ten ou pode ter consecuencias no presente.