Soñan Os Androides Con Ovellas Eléctricas?

Autor:
Philip K. Dick
Editorial:
Faktoria K De Libros, S.A.
ISBN
9788416721443
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
211
Formato
Rústica
17,00€

A consigna que reiteraban os carteis, os anuncios de televisión e os correos masivos do goberno dicía: «Emigración ou dexeneración, ti elixes!». Rick pensou que era moi certo mentres abría a cancela do pradiño e se achegaba ao carneiro eléctrico. «Pero eu non podo emigrar ?dixo para si?. Polo traballo.» Un mundo cheo de pó radiactivo provocado por unha devastadora guerra nuclear que aniquilou a maioría dos animais e que obrigou a emigrar a boa parte da poboación mundial é o apocalíptico escenario de ?Soñan os androides con ovellas eléctricas??. Os superviventes cobizan calquera criatura viva e, quen non pode pagar para tela, consegue réplicas de asombroso realismo. O protagonista desta novela de ciencia ficción é Rick Deckard, un ex-axente mercenario que se dedica a cazar -ou retirar- androides renegados. As unidades dun modelo de última xeración, case idénticas aos humanos e que chegaran á Terra fuxindo dunha colonia espacial onde eran pesimamente tratados, son o seu novo obxectivo. Pero os Nexo-6 son case imposibles de distinguir das persoas de carne e óso. Esta dificultade causaralle non poucos problemas e fará que teña que afrontar situacións que endexamais imaxinara; axiña os coñece, cambia a súa percepción e entende o aprezo que teñen pola vida.