Ten sentido unha lexicografía académica bilingüe? : de lexicografía e academias : discurso lido o dí

Autor:
Manuel (1951-) González Gonzalez/María Dolores Sánchez Palomino/GONZALEZ GONZALEZ, MANUEL
Editorial:
Real Academia Galega
ISBN
9788417807207
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
83
Formato
Rústica
10,00€

Discurso lido no acto da súa recepción, pola ilustrísima señora dona María Dolores Sánchez Palomino e resposta do excelentísimo señor don Manuel González González.

O solemne acto académico en que foron lidos os dous discursos recolleitos no presente volume celebrouse o 17 de decembro de 2022 no salón de actos da Real Academia Galega.

A académica traza no seu discurso unha panorámica da historia das academias das linguas románicas e dos seus dicionarios, dende o pioneiro Vocabolario degli Accademici della Crusca (1612), modelo para os dicionarios homólogos doutros idiomas. Defende tamén na súa intervención a necesidade de que as academias aposten polos repertorios bilingües que cumpren, salientou, unha función comunicativa, social e cultural, ao tempo que participan na conformación e difusión da norma lingüística.