Teoría Do Caos

Autor:
María Pilar Jiménez Aleixandre
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788483026946
Idioma
Gallego
Nº de páginas
224
Formato
Rústica
17,30€

Sinopse Teoría do caos presenta unha estructura narrativa moderna e arriscada a través da que a autora demostra o seu dominio da escrita e das técnicas narrativas. É daquela, pola súa aposta, unha novela non convencional con distintos niveis de lectura. A través dos capítulos que teñen o seu fundamento e correlación na estructura da Divina Comedia a novela trata dous temas fundamentais do ser humano: a lealdade e a fidelidade a uns principios ideolóxicos sempre no camiño da procura da felicidade e do acougo do individuo consigo mesmo. O cerne de Teoría do caos reside no conflicto entre dúas xeracións seguidas, o que dá lugar a un xogo de planos temporais no que os mozos buscan o seu espacio e se atopan co caos e coa desorientación que deixaron os seus pais, mentres que estes fan balance da súa vida.