Han Kang
Han Kang (Gwangju, Corea do Sur, 1970) estudou filoloxía coreana na universidade Yonsei, unha das máis prestixiosas do país. Debutou en 1993 co poema “Inverno en Seúl” e ao ano seguinte como prosista co relato “Áncora vermella”. En 1995 publicou O amor de Yeosu, a súa primeira colección de relatos. Entre os numerosos premios que recibiu ao longo da súa carreira destaca o 29º premio Yi Sang, que gañou co relato “A mancha mongólica”, un dos tres que compoñen A vexetariana.
Entre as súas obras destacan as coleccións de relatos O amor de Yeosu, A froita da miña muller e as novelas Cervo negro, A vexetariana, Chegou o rapaz (coñecida polo título en inglés Human Acts), Branco e Non me despido. En 2024 recibiu o Premio Nobel de Literatura.