Ácaros Verdes

Autor:
Pilar Buela Piedra
Editorial:
Sotelo Blanco, Edicions
ISBN
9788478244379
Idioma
Gallego
Nº de páginas
152
Formato
Rústica
11,50€

Berlín, 1945. Un feixe de seres humanos atrapados na rede da guerra, debaténdose nos últimos folgos da vida. Eles, homes que decidiron sucumbir víctimas da súa propia loucura; elas, mulleres que compartiron o destino voluntariamente; Eva Braun e Magda Göbbels, as donas do nazismo -unha exhibida coma propaganda do réxime; outra silenciada coma un segredo do poder-, dúas vidas distintas e un mesmo destino. Pero, ¿que facía alí?, ¿que buscaban?, ¿que esperaban?, ¿que tortos camiños as conduciran a inmolarse xunto con Hitler e o seu lugartenente? Ácaros verdes é unha novela que, dende unha perspectiva radicalmente humana, lanza sobre a historia unha ollada feminina que sublima as barreiras temporais e espaciais.