Ás De Bolboreta

Autor:
Rosa Aneiros
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788499142159
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
232
Formato
Rústica
13,50€

V Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil. Un café da cidade é o lugar polo que van transitar ao longo da mañá toda clase de persoas con diferentes intereses e situacións persoais. Cadaquén coa súa propia historia vai colaborando no deseño dunha colaxe que remata por nos dar unha visión global da sociedade actual no mundo. "O escenario principal é unha cafetería de Santiago de Compostela, o Luzada, rexentado por Patricia, unha muller que se fixo cargo do local nun momento en que vía inviábel proseguir coa súa formación académica. No Luzada conflúen unha morea de personaxes cuxas vidas iremos descubrindo ou máis ben intuíndo a través de estampas impresionistas e conversas collidas ao voo que revelan verdades entre liñas. Coñeceremos así a Eusebio e Lola, os anteriores donos do bar, que loitan en soidade contra as dificultades que se derivan da vellez e da perda progresiva de saúde e mobilidade. A Iqbal, un mozo inglés de orixe paquistaní que marchou de Londres tras os atentados no metro en xullo de 2005 e que bota horas e horas no Luzada conectado a Internet, no mesmo ordenador que Mohamed mira de cando en cando con medo de que as palabras se convertan en ferramentas de transmisión do odio. Saberemos da señora Filomena, cuxo fillo está en misión humanitaria co exército en Darfur e que sofre ao ver nos xornais os froitos da violencia e da guerra. De Manuel, un neno africano que non superou a morte da súa nai adoptiva e que ten no seu avó a súa principal compañía. Tamén dunha muller que agarda por unha chamada que non chega, a dos sobriños que intentan entrar en España cruzando o valado da vergoña que separa mundos en Melilla, ou de Aysel, vítima do amor e da indiferenza que Occidente amosa ante a represión do pobo kurdo polo goberno turco."