É

Autor:
Xosé Manuel Outeiriño Gallego
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788482888088
Idioma
Gallego
Nº de páginas
128
Formato
Rústica
13,00€

Sinopse Este é un libro de Manuel Outeiriño no que a linguaxe aproveita todo o seu potencial sonoro e a poesía se contaxia do xogo para intensificar a súa capacidade de chegar ao lector ou lectora. Coa publicación deste poemario de Outeiriño, Galaxia continúa a súa liña editorial de poñer nas librerías, ao carón de novas edicións de títulos senlleiros esgotados ou pouco accesibles, o traballo actual dos poetas que deron a coñecer a súa obra durante os anos oitenta e noventa. Coma unha festa a deshoras, o libro de Outeiriño sorprende e fai abrollar, con humor e con toda a expresividade musical da linguaxe, a emoción do recoñecemento e asemade o espanto do encontro inesperado. Segundo Manuel Outeiriño, en "É" búscase certa dicción entremedias Ungaretti e os Irmáns Tonetti. Pola súa banda, a poeta María do Cebreiro Rábade Villar afirma que .Manuel Outeiriño é un poeta músico porque, como nunha emu/atio do trompetista (tomando a palabra latina no seu dobre sentido reverencial e agónico), é consciente de que o seu traballo consiste en moldear as cualidades e as barreiras do son.