Ósos De Santo

Autor:
Xosé Manuel Del Caño
Editorial:
Edicións Embora
ISBN
9788417824853
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
366
Formato
Rústica
16,00€

Ósos de santo, no rego encetado con Un tiro para Méndez Ferrín e outras historias, nútrese de relatos, textos e situacións de agora mesmo, acabados de saír do forno, que aparecen ao lado de retallos doutros que foron agromando ao longo das últimas catro décadas. Todos teñen como denominador común, unha vez máis, a fascinación que sentiu e sente X.M. del Caño, polos grandes escritores galegos. Atendendo ao título, non poderían faltar os ósos de santo. Cada disciplina, cada ámbito, cada sector ten os seus valores, mitos e primeiras figuras; o seus anseios, frustracións, éxitos e derrotas. Tamén as súas reliquias.