A Berenguela. Opereta Para A Voz Narrada

Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788498656770
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
37
Formato
Cartoné
20,50€

A Berenguela é unha das obras de teatro infantil máis coñecidas de Manuel María, o autor a quen neste 2016 se lle dedica o Día das Letras Galegas. Dende a Editorial Galaxia pensamos en facer un achegamento algo diferente aos máis habituais, así que publicamos este libro pero acompañado nun CD no que o gran compositor galego Nani García nos demostra a grandeza do seu talento acompañado da voz, xa habitual noutras producións da nosa editorial e no mundo teatral galego, de María Inés Cuadrado. Para poñerlle a guinda ao pastel necesitábase un ilustrador de altura, e ese non podía ser outro que Miguelanxo Prado. Un mollo de artistas de talento (máis o limiar doutro grande da literatura galega como Francisco Fernández Naval) para unha obra talentosa. Horas de lecer. Lendo. Ou escoitando…