A Casa De Grey Gardens

Autor:
ww,aa Manuel Román/Antela Cid
Editorial:
Plaza & Janés Editores, S.A. Lightning Source
ISBN
9781367234314
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
40
Formato
Rústica
8,50€

Baseada nunha historia real que xa é un mito contemporáneo, que xa ten influenciado a deseñadores de todo o mundo, que segue creando tendencia, que fascina, que apaixona, que crea un fenómeno fan ó seu paso. Unha historia elegante e decadente, excéntrica e divertida, transgresora, musical, e tan humanaque non darás esquecido.As familiares pobres dos Kennedy que fascinaron ó mundo da moda.Texto dramático para dúas actrices, inspirado polo documental revolucionario dos irmáns Maysles.Dúas mulleres que viven na máis absoluta pobreza desacreditan á familia Bouvier, e o que é máis grave aínda: á imaxe da todopoderosa familia Kennedy; símbolo do capitalismo xa menos estable.1970. E.E.U.U. A prensa publica: "Mother and daugther ordered to clean house or get out” e logo disto un nome: Kennedy. Trátase da tía e a prima da querida e venerada Jackie Kennedy Onássis. Esta histora ten lugar en East Hampton, paradigma do soño americano, onde semella que todo é perfecto e só hai lugar pra as mansións que hoxe vemos nos filmes de Walt Disney.Edith Bouvier Beale e “Little” Edith Bouvier Beale -súa filla-, viven nun caserío de 38habitacións acompañadas por oito gatos e un teixón. Comen paté de comida de gatos con "crackers" e limón. Nesta rutina, a única diversión que atopan é cantar as vellas cancións que o finado pai escribiu pra a Señora Beale no seu tempo..Pero non é ata 1975 que descubrimos este universo "Grey Gardens", cando os irmáns Maysles fan un documental sobre a súa vida. É así como esta historia fascinante chega ata nós, e a viaxe continúa.PERSONAXESEdith Vernou Bouvier "Big Edie": A nai. Tía de Jacqueline Kennedy. Cantante profesional na súa mocidade e con aspiracións aristocráticas, merca unha mansión de vinteoito habitacións nos Hampton de New York e chámaa "GreyGardens". Logo de divorciarse a súa situación económica comeza a deteriorarse retírase na súa casa onde pasa os seus últimos vinte anos aompañada dos seus gatos e da súa filla, lembrando vellas cancións. Unha muller que escapa de toda convención. Seductora a pesar da súa idade, transgresora na súa moral, cultivada e cun sentido do humor exquisito.Edith Bouvier Beale "Little Edie": A filla. Cunha imaxinación desbordante, cústalle moito diferenciar o pasado do presente, a realidade da súa imaxinación. Unha beleza de modelo que vai perdendo cos anos pero que garda unha frescura e unhagraza que a volven irresistible. O xeito no que viste e combina calquera cousa transformándoa nalgo chic e glamouroso, ten inspirado ós máis grandes creadores de moda. Unha verdadeira artista con múltiples facetas que, logo de ter deixado a vida de sociedade de New York, instálase en Grey Gardens pra coidar da súa nai coa que ten unha relación amor-odio. Excéntrica, complexa, teatral, beata, paranoica, adorable... É case que imposible definir a Edie sen vela enacción."Sempre poder coller a túa saia e poñela coma unha capa". Edie, 1975.'Little Edie' transgrediu a moda ficando hoxe en día coma símbolo do estilo vintage máis xenuíno. Deseñadores como John Galliano, Philip Lim ou John Barlett basearon as súas coleccións inspiradas polas combinacións teatrais desta artistaanónima. Marc Jacobs chamou a un dos seus bolsos «Little Eddie sac". Calvin Klein e Peter tamén se renderon ós seus encantos. Recentemente Bimba y Lola fundamentou a súa colección outono-inverno 2013 en Grey Gardens.Cadeiras e mesas decadentes, alfombras os gatos, o mar, as peles de Little Eddie, os turbantes cos que pasean polo xardín e os máis absurdos obxectos manipulados polo seu deleixo son exemplos de fontes de inspiración directas decoleccións de xoias, accesorios mesmo mobiliario luxoso.Revistas como Vogue ou Harper Bazaar nos E.E.U.U. adicáronlles varios números. Como é posible que estas dúas mulleres chegaran a exercer semellante influencia sen sair da súa casa?. Ben, porque estamos antes dúas persoas completamente excepcionais.