A Cidade Do Átomo

Autor:
Iria Misa
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788491219613
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
211
Formato
Rústica
12,95€

Tras a explosión no reactor 4 da planta nuclear de Chernóbil todo semella inerte na cidade do átomo. Desde a súa evacuación, Prípiat é unha cidade en ruínas que os pequenos e as pequenas, ante a ausencia de adultos, se afanan por manter en funcionamento. Todos agás Lena Petrov, diferente e solitaria, que non é quen de atopar o seu lugar entre as rúas e edificios baleiros. Non hai nin rastro da súa mellor amiga, Svetlana, e agarda con ansia o regreso da súa nai. Tan só o enigmático Máscara parece adaptarse tan mal coma ela á nova orde das cousas. Que segredo agochará? Unha estremecedora historia ambientada na cidade fantasma de Prípiat, tras o desastre ecolóxico de Chernóbil.