A Fada Das Lapas

Autor:
Manuel Janeiro
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788498651331
Idioma
Gallego
Nº de páginas
60
Formato
Cartoné
14,70€

Nunha edición singular, con ilustracións de Zita Delaco, publícase esta narración transparente e misteriosa que é asemade unha metáfora do noso tempo ao falar da seducción, do amor, da ruptura da parella e da perda dos fillos. Tras o éxito de Pucho, o habitador dos tellados, o seu primeiro libro de narrativa, o deseñador Manuel Janeiro volve á procura dos lectores con A fada das lapas, á vez unha narración transparente e misteriosa na que o autor, sen abandonar a súa preocupación pola linguaxe, mesmo pola linguaxe poética, traza a historia dun ser sobrenatural, das súas relacións cun ser humano e do fillo froito dese emparellamento. En toda a obra latexa un impulso tráxico e mítico, por veces sagrado. Esta nova achega de Janeiro é deses libros difíciles de deixar de ler unha vez comezados. O lector queda atrapado na vitalidade da historia ata advertir que non está inmerso nunha aventura de resonancias medievais e mitolóxicas, senón nunha metáfora do noso tempo que fala da seducción, do amor, da ruptura da parella e da esnaquizadora perda dos fillos.